Saltar ao contido

Emily Brontë

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaEmily Brontë

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1818 Editar o valor en Wikidata
The Brontë Birthplace (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 1848 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Haworth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Michael and All Angels' Church, Haworth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHaworth (pt) Traducir (1820–1848)
Thornton, West Yorkshire (pt) Traducir (1818–1820)
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor en Wikidata
EducaciónPensionnat de Demoiselles (mul) Traducir (1842–1842)
Cowan Bridge School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ficción Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Halifax (pt) Traducir (1838–1839)
Yorkshire Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa , mestra , escritora , novelista , institutriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 19 de decembro de 1848 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFicción e poesía Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioEllis Bell Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaFamilia Brontë Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor
PaisPatrick Brontë (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Maria Branwell (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsPatrick Branwell Brontë (pt) Traducir, Charlotte Brontë, Anne Brontë, Elizabeth Brontë (en) Traducir e Maria Brontë (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0111577 Allocine: 35433 TCM: 767838 Metacritic: person/emily-bronte TV.com: people/emily-bronte IBDB: 10051
BNE: XX1149235 Musicbrainz: 825f3f25-aa83-4799-b69d-9b1cbb730f18 Discogs: 1526869 IMSLP: Category:Brontë,_Emily Allmusic: mn0001574730 WikiTree: Brontë-6 Find a Grave: 1709 Genius: Emily-bronte Editar o valor en Wikidata
Retrato pintado polo seu irmán Branwell

Emily Brontë, nada en Thornton (West Yorkshire) o 30 de xullo de 1818[1] e finada en Haworth (Yorkshire) o 19 de decembro de 1848, foi unha escritora inglesa. A súa obra máis importante foi a novela Cumes Torboentos (Wuthering Heights), publicada en 1847 e considerada un clásico da literatura inglesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emily foi a quinta de seis irmáns (un rapaz e cinco mulleres, entre elas Charlotte e Anne). En 1820 a familia trasladouse a Haworth, onde o seu pai foi nomeado párroco da Igrexa anglicana. A súa nai morreu o 21 de setembro de 1821, e en agosto de 1824 Charlotte e Emily foron enviadas canda as súas irmás máis vellas, Mary e Elizabeth, ao colexio de Clergy Daughters, en Cowan Bridge (Lancashire), onde caeron enfermas de tuberculose. Mary e Elizabeth volveron enfermas a Haworth e morreron en 1825, polo cal a familia sacou a Charlotte e Emily do internado. Neste colexio inspirouse Charlotte Brontë para describir o sinistro centro Lowood que aparece na novela Jane Eyre.

En 1838 Emily comezou a traballar como gobernanta en Law Hill, preto de Halifax. Máis tarde, de novo canda á súa irmá Charlotte, foi a un colexio privado en Bruxelas, até que regresou a Inglaterra trala morte da súa tía. Emily quedou a partir de entón como administradora da casa familiar.

En 1846 Charlotte descubriu por casualidade as poesías que escribía a súa irmá Emily. Xunto a Anne, as tres irmás Brontë decidiron publicar un libro de poesía conxunto. Para evitar os prexuízos sobre as mulleres escritoras, as tres utilizaron pseudónimos masculinos (Currer, Ellis e Acton Bell). As poesías de Emily son as de máis calidade. As de Anne, aínda que non de tan alto nivel, son tamén superiores ás de Charlotte, cuxo talento era esencialmente novelesco. Vendéronse só dous exemplares do libro, que pasou inadvertido; porén, as irmás non se desanimaron e decidiron escribir unha novela cada unha.

En 1846 publicouse Cumes Torboentos, un clásico da literatura inglesa a pesar de que inicialmente, debido á súa innovadora estrutura, desconcertou á crítica. A obra foi levada varias veces ao cinema, se ben a adaptación máis valorada é a dirixida en 1939 por William Wyler, con Laurence Olivier, Merle Oberon e David Niven como actores principais. En 1953 Luis Buñuel fixo unha adaptación máis fiel.

Emily, de saúde fraxil, morreu de tuberculose logo de coller un arresfriado en setembro no funeral do seu irmán. Foi soterrada na igrexa de San Miguel de Todos os Santos en Haworth.

  1. Manrique Sabotal, Winston (30-07-2018). "Emily Brontë, 200 años de desafío y vigencia de una autora clásica". elpais.com. Consultado o 30-07-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.